martes, 10 de diciembre de 2013

Creamos un xornal

   
     Para realizar esta actividade necesitamos varios xornais do díaunha cartulina  cada dous ou tres alumnos/as e rotuladores de diversas cores. Tamén poden empregarse xornais de internet. 
     Trátase de crear un mural-xornal resumindo as noticias que alumnado considere de máis interese e organizándoas por seccións segundo o tema que traten. 
     A cartulina a dividirán en seccións, incluirán o titular e un breve corpo onde resumirán a noticia e unha imaxe que poderán recortar ou debuxar. Tamén poden incluir algunha breve columna de opinión sobre algún tema do seu interese. Todo ten que ir en galego polo que varios dicionarios desta lingua tamén serán necesarios ou pode empregarse o tradutor da Xunta ou mesmo o dicionario
     Ó rematar, pódese votar o xornal-mural que máis guste ou resulte máis interesante. Finalmente, pegaranse no corredor ou na clase.

No hay comentarios:

Publicar un comentario